miércoles, 7 de mayo de 2008

Cociñas solares

Despois de falar en clase das enerxías renovables, o noso interese levounos a buscar na rede outras noticias desta temática. Atopamos unha páxina arxentina que fala de ecoloxía, na que atopamos unha noticia moi interesante que podedes ver aquí. Estas cociñas serian unha boa alternativa as barbacoas, tendo en conta que son exteriores. Vos que pensades?

miércoles, 30 de abril de 2008

UNHA VERDADE INCÓMODA

Esta película/documental, creemos que ten un título moi axeitado xa que a pesar de que é algo urxente que todo o mundo debería saber, para algúns segue sendo un tema tabú, unha verdade incómoda que intentan obviar "mirando cara a outro lado".

Consideramos que a película é moi completa tratando dunha forma clara e concisa o tema do cambio climático. A pesar desto, moitos momentos da película poderían ser prescindibles xa que tratan da vida persoal de Al Gore, aínda que esta relacionado co tema en cuestión, semella unha propaganda persoal, cando o verdadeiro protagonista é o noso planeta.

¿Por qué si o tema é tan alarmante non se emitiu en horario de máxima audiencia na canle pública? Nos creemos que todo o mundo debería dispoñer e facer uso desta información.

domingo, 20 de abril de 2008

Día da Terra.

Hoxe, 22 de abril de 2008, adicamos un ano máis este día a nosa canica azul, como algúns lle chaman, a este planeta que nos deu e a vida, e ao cual nós pouco a pouco lla imos quitando.


Saciamos as nosas ansias de poder, as nosas ansias de crecer, sen ter en conta que cada unha das " particulas de egoismo" que emitimos cos nosos comportamentos , aceleramos o quentamento da Terra, que nos leva a un futuro incerto.


Estamos a tempo verdadeiramente de facer algo? Non o sabemos con certeza, pero creemos que o deberíamos intentar, que facer se non?


Sen dúbida este é un día de reflexión, pero nós como educadores debemos facer que os 365 días do ano se pense neste noso planeta.
Para recordar a beleza do que temos, aquí tedes anuncio dunha cadena de televisión que emite este día tres capítulos da pelicula: Tierra. "La película sobre nuestro planeta"





martes, 15 de abril de 2008

VISITA DE PORTUGAL

Cal foi a nosa sopresa ao atopar este exemplo, que amosamos nas fotos, digno de seguir para frear o cambio climático.

Creemos que son medidas moi efectivas, xa que pouco a pouco podemos conseguir bos resultados

lunes, 7 de abril de 2008



Aula de Natureza do Río Miño

Finaciada polos Fondos Europeos FEDER e o Concello de Ourense

Podemos observar diversas manualidades realizadas en diferentes talleres co lema de
"Coidar o Mundo é Cousa de Todos"

A través dos paneles falannos:

 A importancia do sol e da auga para a vida
 A importancia dos rios
 Da infuencia dos bosques na conservación dos rios
 Importancia do Rio Miño por vivir nel a maior parte da fauna de Galicia
 Explícanos porqué en Ourense hai tantos afloramentos de augas termais, mencionando as máis importantes e as características delas.
 Falannos dos xeitos de cruzar o rio, dende os mais antigos coma ponte romana e as dornas, ata as pontes máis modernas.
 Funcionamento dos muiños