Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de junio de 2008

Día Mundial do Medio Ambiente





Ola a todos e todas! Hoxe día 5 de xuño é o Día do Mundial Medio ambiente, que este ano se celebra en Nova Zelanda.



O lema este ano é: “deixa o hábito : cara unha economía de baixo consumo de carbono”. con este simil, recoñece o nociva que é a nosa adicción e mostranos o camiño que debemos seguir.

Como mostra da aparente implicación que están tendo as grandes empresas enerxéticas, subimos aquí dous anuncios destas que mostran a imporatncia de innovar e cambiar as nosas conductas para frear o cambio climático.Tedes máis información aqui, onde atoparedes varios enlaces.


Hoxe é día de reflexionar, de pensar no legado que estamos deixando para as futuras xeracións, ,hoxe é día de comezar a actuar.

Como dí un dos videos, somos creadores, inventores,... a nosa evolución permitu verdadeiras maravilas, pero a caso non somos tamén o ser vivo mais destructor? Seremos capaces de reinventar a nosa sociedade, ou pola contra destruiremonos a nós mesmos?









domingo, 20 de abril de 2008

Día da Terra.

Hoxe, 22 de abril de 2008, adicamos un ano máis este día a nosa canica azul, como algúns lle chaman, a este planeta que nos deu e a vida, e ao cual nós pouco a pouco lla imos quitando.


Saciamos as nosas ansias de poder, as nosas ansias de crecer, sen ter en conta que cada unha das " particulas de egoismo" que emitimos cos nosos comportamentos , aceleramos o quentamento da Terra, que nos leva a un futuro incerto.


Estamos a tempo verdadeiramente de facer algo? Non o sabemos con certeza, pero creemos que o deberíamos intentar, que facer se non?


Sen dúbida este é un día de reflexión, pero nós como educadores debemos facer que os 365 días do ano se pense neste noso planeta.
Para recordar a beleza do que temos, aquí tedes anuncio dunha cadena de televisión que emite este día tres capítulos da pelicula: Tierra. "La película sobre nuestro planeta"





martes, 15 de abril de 2008

VISITA DE PORTUGAL

Cal foi a nosa sopresa ao atopar este exemplo, que amosamos nas fotos, digno de seguir para frear o cambio climático.

Creemos que son medidas moi efectivas, xa que pouco a pouco podemos conseguir bos resultados