domingo, 20 de abril de 2008

Día da Terra.

Hoxe, 22 de abril de 2008, adicamos un ano máis este día a nosa canica azul, como algúns lle chaman, a este planeta que nos deu e a vida, e ao cual nós pouco a pouco lla imos quitando.


Saciamos as nosas ansias de poder, as nosas ansias de crecer, sen ter en conta que cada unha das " particulas de egoismo" que emitimos cos nosos comportamentos , aceleramos o quentamento da Terra, que nos leva a un futuro incerto.


Estamos a tempo verdadeiramente de facer algo? Non o sabemos con certeza, pero creemos que o deberíamos intentar, que facer se non?


Sen dúbida este é un día de reflexión, pero nós como educadores debemos facer que os 365 días do ano se pense neste noso planeta.
Para recordar a beleza do que temos, aquí tedes anuncio dunha cadena de televisión que emite este día tres capítulos da pelicula: Tierra. "La película sobre nuestro planeta"





martes, 15 de abril de 2008

VISITA DE PORTUGAL

Cal foi a nosa sopresa ao atopar este exemplo, que amosamos nas fotos, digno de seguir para frear o cambio climático.

Creemos que son medidas moi efectivas, xa que pouco a pouco podemos conseguir bos resultados

lunes, 7 de abril de 2008



Aula de Natureza do Río Miño

Finaciada polos Fondos Europeos FEDER e o Concello de Ourense

Podemos observar diversas manualidades realizadas en diferentes talleres co lema de
"Coidar o Mundo é Cousa de Todos"

A través dos paneles falannos:

 A importancia do sol e da auga para a vida
 A importancia dos rios
 Da infuencia dos bosques na conservación dos rios
 Importancia do Rio Miño por vivir nel a maior parte da fauna de Galicia
 Explícanos porqué en Ourense hai tantos afloramentos de augas termais, mencionando as máis importantes e as características delas.
 Falannos dos xeitos de cruzar o rio, dende os mais antigos coma ponte romana e as dornas, ata as pontes máis modernas.
 Funcionamento dos muiños

miércoles, 20 de febrero de 2008

Atención al cielo: llegan las nubes polares de ácido nítrico

PARA INAUGURAR ESTE BLOG INCORPORAMOS A SEGUINTE NOTICIA QUE NOS CHAMOU A ATENCIÓN...E LOGO DÍN POR AHÍ QUE NON HAI TAL CAMBIO CLIMÁTICO!!!!!!!!!!!!!!!

http://www.eitb24.com/noticia/es/B24_87211/sociedad/FENOMENO-ATMOSFERICO-Atencion-al-cielo-llegan-nubes-polares/