jueves, 5 de junio de 2008

Día Mundial do Medio Ambiente





Ola a todos e todas! Hoxe día 5 de xuño é o Día do Mundial Medio ambiente, que este ano se celebra en Nova Zelanda.



O lema este ano é: “deixa o hábito : cara unha economía de baixo consumo de carbono”. con este simil, recoñece o nociva que é a nosa adicción e mostranos o camiño que debemos seguir.

Como mostra da aparente implicación que están tendo as grandes empresas enerxéticas, subimos aquí dous anuncios destas que mostran a imporatncia de innovar e cambiar as nosas conductas para frear o cambio climático.Tedes máis información aqui, onde atoparedes varios enlaces.


Hoxe é día de reflexionar, de pensar no legado que estamos deixando para as futuras xeracións, ,hoxe é día de comezar a actuar.

Como dí un dos videos, somos creadores, inventores,... a nosa evolución permitu verdadeiras maravilas, pero a caso non somos tamén o ser vivo mais destructor? Seremos capaces de reinventar a nosa sociedade, ou pola contra destruiremonos a nós mesmos?









lunes, 2 de junio de 2008

Práctica 1.Investigación de Problemáticas Ambientais no contexto de traballo

Aquí tedes o noso traballo de investigación sobre a enerxía. A modo de resumen podemos resaltar que segundo o noso pequeno estudo, a maior parte dos/as enquisados/as controlan o gasto de enerxía por aforro económico. Por iso pensamos que aínda queda un largo camiño para que realmente a xente o faga con fins medioambientais.

Para velo completo, preme aquí

miércoles, 28 de mayo de 2008

Preguntas Test Tema 2

Para ver as nosas propostas click aquí

viernes, 23 de mayo de 2008

últimos dias de clase

Chegando ao remate do curso, estamos ocupando os nosos últimos dias de clase na elaboración dunha actividade de reciclaxe.
O noso grupo eliximos a ficha de construcción chamada "Tragabolas", pero unha vez chegado a o acordo, decidimos realizar unhas pequenas variantes.
Para a semana veremos o resultado e tamén explicaremos os pasos que seguimos para chegar ao noso resultado final...

martes, 13 de mayo de 2008

Práctica: itinerarios ambientais



Cremos que foi unha pena non poder terminar a práctica, xa que nos parecía moi interesante.
Pensamos que como posibles educadores ambientais, un itinerario e un xeito de acheagar a xente a natureza, facer deporte, e o mesmo tempo concienciar da importancia do patrimonio natural e cultural, así como alentar un uso axeitado do lugar en cuestión.
Da visita desta educadora ambiental salientamos que intentou tranmitir que podemos facer nós a hora de realizar un itinerario, clarificando aspectos das nosas funcións, así como saber actuar ante a xente; aspectos que non se tratan como deberían na carreira. Vos que pensades?

miércoles, 7 de mayo de 2008

Cociñas solares

Despois de falar en clase das enerxías renovables, o noso interese levounos a buscar na rede outras noticias desta temática. Atopamos unha páxina arxentina que fala de ecoloxía, na que atopamos unha noticia moi interesante que podedes ver aquí. Estas cociñas serian unha boa alternativa as barbacoas, tendo en conta que son exteriores. Vos que pensades?

miércoles, 30 de abril de 2008

UNHA VERDADE INCÓMODA

Esta película/documental, creemos que ten un título moi axeitado xa que a pesar de que é algo urxente que todo o mundo debería saber, para algúns segue sendo un tema tabú, unha verdade incómoda que intentan obviar "mirando cara a outro lado".

Consideramos que a película é moi completa tratando dunha forma clara e concisa o tema do cambio climático. A pesar desto, moitos momentos da película poderían ser prescindibles xa que tratan da vida persoal de Al Gore, aínda que esta relacionado co tema en cuestión, semella unha propaganda persoal, cando o verdadeiro protagonista é o noso planeta.

¿Por qué si o tema é tan alarmante non se emitiu en horario de máxima audiencia na canle pública? Nos creemos que todo o mundo debería dispoñer e facer uso desta información.