Esta película/documental, creemos que ten un título moi axeitado xa que a pesar de que é algo urxente que todo o mundo debería saber, para algúns segue sendo un tema tabú, unha verdade incómoda que intentan obviar "mirando cara a outro lado".
Consideramos que a película é moi completa tratando dunha forma clara e concisa o tema do cambio climático. A pesar desto, moitos momentos da película poderían ser prescindibles xa que tratan da vida persoal de Al Gore, aínda que esta relacionado co tema en cuestión, semella unha propaganda persoal, cando o verdadeiro protagonista é o noso planeta.
¿Por qué si o tema é tan alarmante non se emitiu en horario de máxima audiencia na canle pública? Nos creemos que todo o mundo debería dispoñer e facer uso desta información.